NOVO HORARIO DE PRIMAVERA
Comunicamos a tódolos posibles usuarios que desexen visitar, por libre ou pola súa conta o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en Ponteceso, que o novo horario primaveral será o seguinte:
SÁBADOS: de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 19:00 h.
DOMINGOS: de 11:00 a 14:00 h.
LUNS a VENRES: Só acceso grupos con cita previa.
Para calquera dúbida ou para solicitar cita previa, por favor, póñase en contacto connosco nos teléfonos 981.71.54.42 ou 661.20.02.46.
¡Agardámolos!
A colección de Ricardo Pérez y Verdes
Visitas guiadas
Aprende xogando
O Museo Etnolúdico de Galicia
O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) é unha institución museolóxica de carácter permanente que ten como misión fundamental a conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego relacionado co xogo tradicional, co deporte tradicional e coa historia do xoguete. Nel tamén se mostran obxectos e pezas de grande interese, procedentes de España e de pobos e rexións da xeografía mundial.
O MELGA é un espazo de compromiso co pasado lúdico que serve de instrumento didáctico para as presentes e futuras xeracións, no que se organizan multitude de actividades e eventos anualmente.
Entradas grupos
As visitas en grupo deben reservar con antelación
Reserva a túa visita agora
¿Queres vir a xogar con nós?
¡Galicia e o deporte teñen moito que contarche!
Vexo, vexo… ¿qué ves?… uns bolos, unha billarda, un aro, unhas canicas, unhas tabas, érase unha vez… unha casiña de bonecas, un tiovio, unha carreira de carretas, un día de caza e pesca, un lanzador de pedras…
Novidades
Por décima vez o Concello de Oleiros visita o MELGA en Ponteceso
Enmarcado dentro do programa de cultura e natureza de moita tradición ...
O presidente da Fundación Ricardo Pérez y Verdes foi recibido en Santiago de Compostela por membros da Secretaría Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego
O presidente e director da Fundación e do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) ...
O director do MELGA no sesenta aniversario do club de fútbol Ponteceso SD
Sesenta anos non é nada! Aínda que a data do Aniversario do club de fútbol ...
Doazón olímpica para o MELGA
Esta fin de semana tivemos a honra de aceptar, para o noso Museo Etnolúdico de ...
NOVO HORARIO PRIMAVERAL NO MUSEO DO XOGO E DO DEPORTE (MELGA)
Despois de finalizada a importante asistencia de visitantes, nas datas ...
Semana Santa no MELGA: A mal tempo boas visitas
O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), despois dun inicio de ano-24 con moitos ...