Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Xornadas informativas sobre a TDT

21 e 22 de decembro

TDTO punto de información establecerase na Praza do Relleno en Ponteceso. Informarase sobre as vantaxes da TDT, poderanse consultar dúbidas e informarase sobre o seu funcionamento con demostracións.

Contacto

XIII Certamen de Corales Polifónicas

19 de decembro

O vindeiro 19 de decembro ás 21.00h, a Igrexa San Eleuterio de Tella, acolle o décimo terceiro certame de corais polifónicas do Concello de Ponteceso. Participarán as seguintes agrupacións corais polifónicas:
CORAL P. SAN MARTIÑO DE CORES
CORAL P. SANTA MARIÑA DE PONTECESO
CORAL P. SAN SALVADOR DE PAZOS
CORAL P. SAN ELEUTERIO DE TELLA
CORAL P. BRISAS DO MAR DE CORME
CORAL P. A OLIVEIRA DO MONTE BRANCO
CORAL P. DO CÍRCULO MERCANTIL DE RIVEIRA

XVI Ciclo de Teatro

12 de decembro de 2009

Cartaz do CicloRepresentación de diversas obras teatrais no xa clásico Ciclo de Teatro, organizado polo Concello de Ponteceso. Este ano, de modo provisional, as actuacións serán no salón de actos da Casa dos Veciños no Couto.

Contacto


Descargas asociadas

Día mundial da loita contra a Sida

1 de decembro

Difusión de material informativo de prevención e entrega de preservativos entre a población adulta.

Obradoiro de regueifa

1 de decembro

Para o alumnado do IES de Ponteceso cos regueifeiros Pinto d´Herbón e Luis
O Caruncho. Tamén presentaremos o libro de XM Varela sobre o regueifeiro Celestrino de Cerqueda(compañeiro de calviño de Tallo). Este acto celebrarase na Fundación "Eduardo Pondal" no Couto.

I Xornadas Aplicacións didácticas da web 2.0

9, 11, 16 e 18 de novembro

Web 2.0A Consellaría de Educación, en colaboración co Concello de Ponteceso, organiza as I Xornadas das aplicacións didácticas da web 2.0. Serán o 9, 11, 16 e 18 de novembro de 2009 no salón de plenos do Concello. Están dirixidas a profesorado (que recibirá certificado de asistencia e debe anotarse a través da Consellaría) e a púbico en xeral (asistencia como ointes, deben anotarse no Concello).

Contacto


Descargas asociadas

Magosto en Corme

6 de novembro

O Concello de Ponteceso continúa apostando por conservar as nosas tradicións. Como en anos anteriores, o programa inclúe: música tradicional, xogos populares e degustación de castañas asadas. Será na Praza do Pan (se chove na lonxa nova) ás oito da tarde.

Contacto

Incrición no programa cultural e deportivo

Do 6 ao 16 de outubro

Período de inscrición ás distintas actividades culturais e deportivas, do programa cultural e deportivo 2009/2010 do Concello de Ponteceso.

Contacto


Descargas asociadas

Roteiro de sendeirismo

26 de setembro

O Concello de Ponteceso, a través do departamento de turismo e deportes, organiza un Roteiro polo Anllóns, dirixido a maiores de 12 anos e menores con autorización. O percorrido será por: A. R. Campo do Río de Anllóns -Cardezo-Tella -Anllóns. Serán 12 kilómetros de distancia e durará aproximadamente, 4 horas. Saída ás 16:00h do da A. R. do Campo do Río -Ponte da Garga de Anllóns e regreso ás 20.00h ao mesmo punto.

Contacto

Homenaxe á emigración

7 de setembro

O vindeiro luns 7 de setembro, o Concello de Ponteceso inagurará unha escultura en lembranza da emigración e recordo do benefactor e emigrante pontecesán, Julio Barreira Corral. O traballo foi feito polo escultor Ricardo Antelo. O acto será ás 20.00h na praza do Relleno, no que actuará a Banda de Música "Eduardo Pondal". Están convidados todos os veciños que o desexen. O acto aproveitará a presenza de moitos emigrantes en Uruguai, que volveron para celebrar o cincuenta aniversario da construción da Torre do Faro de Brantuas.

 1  2  3  4
Concello de Ponteceso