Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Copa Galicia de Baloncesto

18 de setembro

Ás 19.00h, no pavillón municipal de deportes de Ponteceso, disputarase o encontro entre o Carballo Basket e o Leyma Basquet Coruña, correspondente á Copa Galicia Senior Masculina. A entrada será de balde.

Festivo local

13 e 14 de setembro

Festividade local no Concello de Ponteceso. As dependencias mununicipais permanecerán pechadas estos dous días.

Ximnasia na rúa

Martes e xoves de agosto

Ponteceso: De 10:00 a 11:00h na zona do Relleno.
Corme: De 11:15 a 12:15h na Praia do Osmo.
Para maiores de 18 anos.
Se chove, imos para o pavillón.
Mínimo de 6 inscritos/as para que se faga a actividade.

Taller de abelorios

16, 18, 20, 23, 25 e 27 de agosto

Actividade dirixida a nenos nacidos entre o 1994 e o 2003. Aprenden a confeccionar pulseiras e outros complementos.
Celebrarase en Ponteceso o 16, 18 e 20 de agosto. En Corme o 23, 25 e 27 de agosto.

Informática didáctica

Mes de agosto

Actividade dirixida a nenos nacidos entre o 2004 e 2006 (ambos incluídos).
Celebrarase o 2, 4, 9, 11, 16, 18, 23 e 25 de agosto en Ponteceso. En Corme o 3, 5, 10, 12, 17, 19, 24 e 26 de agosto.

Velada cultural

20 de agosto

Actuación do Grupo tradicional galego Brincadeira. Será ás 22.30h na Praza do Pan en Corme.

Campamento urbán

5, 6, 11, 12 e 13 de agosto

Grupo 1:
IDADES: nacidos 2003 - 1998
DÍAS: o 5 e 6 de agosto
HORARIO: incorporación o xoves ás 16:00h e saída o venres ás 13:00h
COMIDAS: 10 euros
DURMIDA: no pavillón en Corme
PRAZAS: 25. Preferencia para os/as empadroados/as no concello.
INSCRICIÓNS: do 15 ao 28 de xullo.
As prazas cúbrense por orde de inscrición.
ACTIVIDADES: na praia, na natureza, manualidades, paseos?
Grupo 2:
IDADES: nacidos 1993 - 1997
DÍAS: o 11, 12 e 13 de agosto
HORARIO: incorporación o mércores ás 16:00h e saída o venres ás 13:00h.
COMIDAS: 22 euros
DURMIDA: no pavillón en Corme
PRAZAS: 30. Preferencia para os/as empadroados/as no concello.
INSCRICIÓNS: do 15 ao 28 de xullo.
As prazas cúbrense por orde de inscrición.
ACTIVIDADES: na praia, na natureza, obradoiros, veladas, rutas de sendeirismo, pesca?
Mínimo: 15 participantes

Curso de vela

Do 19 de xullo ao 13 de agosto

PARA NENOS/AS DE 8 A 16 ANOS. SABER NADAR
1ª QUENDA. 19, 21 e 23 DE XULLO.
2ª QUENDA. 26, 28 e 30 DE XULLO
3ª QUENDA. 2, 4 e 6 DE AGOSTO
4ª QUENDA. 9, 11 e 13 DE AGOSTO.
*Podemos reubicar a nenos/as
LUGAR: PORTO DE CORME
PRAZO DE INSCRICIÓN. DENDE O 22 DE XUÑO ATA DEZ DÍAS ANTES DE CADA QUENDA OU ATA QUE SE ESGOTEN AS PRAZAS.

Xogos populares

10 de agosto

Actividade dirixida a nenos nacidos entre 1996 e 2006.
A actividade será de 10:30 a 12:30h na Fundación Eduardo Pondal.
Coñeceremos e practicaremos diversos xogos populares e tradicionais.

Saída ao Parque Acuático Cerceda

30 de xullo e 9 de agosto

Saída do 30 de xullo:
Para nenos/as menores de 11 anos acompañados dun/ha adulto/a)
Prazas limitadas: Un bus
Inscrición: Dende o 22 de xuño ata o 22 de xullo ás 13:00h.
Preferencia empadroados/as.
Prezo entrada: 3? por rapaz/a e 5? por adulto/a. Menores de 4 anos, gratis.
Saída do 9 de agosto:
Para maiores de 12 anos.
Prazas limitadas: Un bus
Inscrición: Dende o 15 ao 30 de xullo ás 13:00h.
Preferencia empadroados/as
Prezo entrada: 5?

 1  2  3  4  5  6
Concello de Ponteceso