Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Concilia en Semana Santa

25, 26 e 27 de marzo

Actividades de conciliación para os máis pequenos (4 a 12 anos) en Ponteceso e Corme.

Xornadas sobre formación

5 de marzo

O Servizo de Orientación Laboral dos Concellos de Cabana e Ponteceso, organizan unhas xornadas informativas sobre formación. Será no Centro Cultural ás 17.00h.

Descargas asociadas

Escola de pais e nais

20 de febreiro

O mércores,20 de febreiro, ás 5 e media da tarde, terá lugar na Fundación Eduardo Pondal do Couto o 1º obradoiro da escola de pais e nais para o curso 2012-2013. Neste taller contaremos coa participación dunha representante da ONG "Intervida" e tratarase o tema dos Dereitos do Neno. Para facilitar a vosa asistencia, haberá un servizo de contacontos por si queredes traer aos vosos fillos. Os pais e nais interesados en asistir a este obradoiro, poden anotarse nas escolas unitarias ou chamando ao Concello, ao nº: 981 714000.Ext.:51

Baile de disfraces

12 de febreiro

Dende ás 17.30h no pavillón municipal en Corme. Gran festa con inchables, obradoiros infantís, chocolate e orellas.

Desfile de disfraces

10 de febreiro

Desfile de disfraces en Ponteceso ás 17.00h no pavillón municipal en Ponteceso. Unha gran festa con inchables, orellas e chocolate.

Presentación do libro "La Cocina de Juan Bautista"

8 de febreiro

Juan Bautista, xerente do Restaurante A Lareira de Baio, presentará na Biblioteca Municipal en Ponteceso, o seu libro La Cocina de Juan Bautista. Presentará o acto Mar Varela (xornalista de Radio Voz). Sortearemos un libro entre o público asistente. Será ás oito da tarde.

Exposición Vaidemar

Do 16 de xaneiro ao 8 de febreiro

Na Biblioteca Municipal en Ponteceso. O horario de apertura da mesma é de 09.00h a 13.00h e de 16.00h a 20.00h.


Descargas asociadas

Inicio da Escola Municipal da Terceira Idade

15 de xaneiro

Actividades para a terceira idade. Todos os martes e venres de 16.00h a 18.00h no Edifcio da ESO, terceiro andar.

Presentación en Tella de Ponte na Fala

13 de xaneiro

A Asociación de Veciños de Tella dará a coñecer o proxecto municipal Ponte na Fala na parroquia. Actuarán os informantes do proxecto na parroquia Jesús Martínez, Angelito de Mato, Juan Bermúdez e Paco Luís Abella. Será no local da Asociación ás 11.30h.

Charla arbitral

12 de xaneiro

O sábado 12 de xaneiro ás 10:00 no Centro Cultural de Ponteceso vai haber unha charla sobre regulamento de Fútbol Sala, aclaracións, novedades, cambios? que impartirá o delegado de árbitros en Coruña Juan Antonio Castiñeiras Pose. Quen queira asistir a mesma está invitado.

 1  2  3  4  5  6  7
Concello de Ponteceso