Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Charlas informativas medioambientais sobre o Anllóns e a Ínsua

Charlas sobre o Anllóns e a Insua.Esta tarde ás 18:00 h na Biblioteca de Corme e ás 20:00h no Centro Cultural de Concello de Ponteceso.
Mañá sábado,haberá un itinerario interpretativo guiado entre as 10:00 e as 13:00h, ca saída dende a praza do recheo de Ponteceso.

Eventos deportivos fin de semana 12-13 decembro2015

Fútbol, Fútbol Sala Feminino e Escolas de Basket do Concello.
Consulta aquí os partidos e categorías das vindeiras xornadas.
FELICITACIÓNS aos Xuvenís de Ponteceso por gañar a Liga.

O Apalpador visitará o CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso e o CEIP As Forcadas de Corme

Dentro das actividades da área de normalización lingúística, O APALPADOR, acompañado do Concelleiro desta área, Carlos Penedo, visitará esta vez o Ceip Eduardo Pondal de Ponteceso.
A visita polas aulas dos nenos de infantil e 1º e 2º de primaria,terá lugar mañá venres ás 09:30h.
Haberá tamén un CONTACONTOS na biblioteca do Colexio.
A continuación a lexendaria figura galega dirixirase ao Ceip As Forcadas de Corme, sobre as 11:00h da mañá,donde percorrerá tamén as aulas saudando aos escolares.

Notas finais do proceso selectivo prazas limpadores colexios

Consulta aquí as notas finais do proceso selectivo para cubrir 8 prazas de limpadores/as dos colexios públicos do Concello de Ponteceso e proposta do tribunal.

Novo boletín semanal de xuventude 07-12-2015

Consulta aquí a Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil.
Revista 1050/7 decembro 2015

Concilia no Nadal

CONCILIA NO NADAL: PROGRAMA DE CONCILIACIÓN EN CORME
IDADE: DE 4 A 12 ANOS. DIAS:21-22-23-24-28-29-30-31 DE DECEMBRO. HORARIO: DE 10:30 A 13:30. LUGAR: PABILLÓN DE CORME
PRAZAS:15 PRAZAS QUE SE CUBRIRÁN POR ORDE DE INSCRICIÓN. PRAZO ANOTARSE:DO 14 AO 18 DE DECEMBRO NA OFICINA DE CORME A PARTIR DAS 9:00 DA MAÑÁN.
----- -------- ----------------------
CONCILIA NO NADAL: PROGRAMA DE CONCILIACIÓN EN PONTECESO
IDADE: DE 4 A 12 ANOS. DIAS: 21-22-23-24-28-29-30-31 DE DECEMBRO. HORARIO: DE 10:00 A 13:00. LUGAR. EDIFICIO DAS ESCOLAS
PRAZAS: 30 PRAZAS QUE SE CUBRIRÁN POR ORDE DE INSCRICIÓN. PRAZO ANOTARSE: DO 14 AO 18 DE DECEMBRO NA OFICINA DA EDUCADORA FAMILIAR A PARTIR DAS 9:00 DA MAÑÁN.

Charlas informativas medioambientais para adultos

O vindeiro venres 11 de decembro, na Biblioteca de Corme e no Centro Cultural de Ponteceso.
Tamén haberá un Itinerario Interpretativo guiado, no que participará o noso dinamizador turístico, Javier Couto.
Consulta aquí as datas e horarios.

XXI Liga Municipal Fútbol Sala Sénior 2015-2016

O vindeiro sábado 12 de decembro terá lugar a 6ª xornada da liga municipal de Fútbol Sala Sénior.


1  2  3  4  5  6 ... 19

Concello de Ponteceso