Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O luns 11 abre o prazo de inscrición para participar na excursión ás Rías Baixas organizada pola Concellería de Servizos Sociais

Para garantir a participación de toda a veciñanza, o primeiro día só se poderán anotar as persoas que o fagan por primeira vez; o martes 12, as que participaran só noutra viaxe, e a partir do mércores 13, o resto de interesados/as

A proxección do documental ?Tecido Resistente? centra os actos conmemorativos do Día Internacional das Mulleres en Ponteceso

Tras coñecer a historia das protagonistas da ?revolución silenciosa? de Présaras (Vilasantar), traballadoras locais de mediados do século XX participarán nun debate-coloquio na Biblioteca Municipal

O Ministro de Fomento respalda a estratexia do Concello para lograr a implantación dunha gran empresa en Ponteceso

O alcalde, Lois García Carballido, reuniuse hoxe con José Luis Ábalos, tras o acordo alcanzado coa SEPES para ampliar o polígono de Tella en 210.000 metros cadrados

O Concello de Ponteceso investirá 6,5 millóns de euros na implantación de tecnoloxía led en todo o alumeado público

A Concellaría de Infraestruturas e Medio Ambiente aposta por un servizo integral que reducirá o consumo eléctrico das 3.333 luminarias existentes no concello e mellorará o funcionamento. O proceso de licitación xa está en marcha

A Concellaría de Servizos Sociais conmemorará o Día da Muller coa proxección dun documental e un debate-coloquio protagonizado por traballadoras locais de mediados do século XX

O departamento de Isabel Vuelta anima a toda a veciñanza a participar nos actos do 8 de marzo que se celebrarán na Biblioteca Municipal co lema ?Dálle a volta?

Cartel de luxo para as IV Xornadas de Xénero que organiza a Área de Biblioteca

Mercedes Queixas, Clara Amado, Ana Sánchez, Celtia Figueiras, Roser Amills, Raquel Queizás e Soledad Felloza difundirán a cultura da igualdade ao longo do mes de marzo

O acceso dende O Petón ata o Campo dos Seixos de Tella terá 6 metros de ancho grazas ás cesións realizadas por 18 propietarios

A obra, incluída no Plan Único POS+ Complementario da Deputación, ten un orzamento de 264.644 euros

Asinados os contratos correspondentes a dous proxectos de obras viarias en varias parroquias por máis de medio millón de euros

Os proxectos, que serán executados pola empresa Construcciones López Cao, inclúen pavimentacións con aglomerado, formigón, asfalto ou zahorra segundo o tipo e o uso das vías


1 ... 14  15  16  17  18 ... 20

Concello de Ponteceso