Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso reforma a instalación eléctrica das sete escolas do CRA Nosa Señora do Faro para incrementar a seguridade nos centros de cara ao vindeiro curso

A empresa Instalaciones Eléctricas Germán foi a encargada de acometer os traballos, nos que investimos un total de 13.141,81?

Ponteceso adhírese á Rede Galega de Praias sen Fume

Este verán trataremos de erradicar o tabaco dos areais de Balarés, Niñóns, Osmo e A Ermida

A campaña educativa sobre prevención e xestión de residuos ?Repara en...? chegará este sábado á praia de Balarés

A iniciativa, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, consistirá na exposición de paneis informativos e actividades para a rapazada que se desenvolverán de 15 a 19 horas

Ponteceso di non á violencia sexual cunha campaña informativa a pé de rúa na Festa do Percebe de Corme

? As campaña AgresiónOFF incluirá a instalación dun stand divulgativo, o reparto de merchandising e a colocación de cartelería en locais de hostalaría e comercios
? O horario de peche dos bares amplíase durante a festa grazas ás xestións realizadas polo alcalde

Volven as marchas nocturnas a pé para gozar da natureza e das noites de verán

A primeira será o xoves 4 de xullo. As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao Concello de Ponteceso ou á Oficina Municipal de Corme e tamén no lugar de saída da ruta ata as 21:45 horas

Proceso selectivo para a contratación de 7 socorristas para as praias

No documento axunto poden consultarse os resultados do proceso de selección de socorristas para prestar os seus servizos nas praias de Balarés, Ermida e Osmo durante dous meses e con cargo á subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a contratación de persoal laboral.


1 ... 7  8  9  10  11 ... 20

Concello de Ponteceso