Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Transparencia:Gasto anual en productos de limpeza

O Concello de Ponteceso publica o gasto anual de 3.395,33 euros en produtos de limpeza para os numerosos edificios municipais: casa consistorial, escolas unitarias, dous ceip, centro cultural, escola infantil galiña azul, edificio das escolas, dous pabillóns municipais e centro de saúde e pac de Ponteceso.

Estes produtos foron adquiridos á empresa Darlim SL por ser a que ofrecía un mellor prezo pero está aberta a recibir ofertas doutras empresas que melloren estas cifras sempre que se cumpra a calidade. Con isto conseguimos un aforro do 97% con respecto ao que se gastaba con anterioridade. Os produtos están gardados baixo chave e só os concelleiros de Persoal e Limpeza teñen acceso ao depósito.

Ademáis destes 3.395,33 euros o Concello fixo fronte ao pagamento de numerosas facturas pendentes da lexislatura anterior por produtos de limpeza.

Alcaldía.

Concello de Ponteceso