O Concello de Ponteceso colabora cun casting para un documental
Notas informativas sobre uns cástings (home de 25-40 anos e nena de 7-10 anos) para participar nunha curtametraxe.
Para o próximo martes, temos previsto facilitar a proba no Edificio das Escolas, para coincidirmos coa actividade municipal de teatro.
O Concello non ten parte nos requerimentos da dirección artística nin entra nos criterios de selección, tan só colabora en conseguir que os e as artistas de Ponteceso teñan unha entrada no mundo do cine.
Se estades interesados/as podedes inscribirvos en casting.anenaazul@gmail.com
Descargas asociadas