Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Se tes entre 9 e 16 anos, apúntate ao campamento de iniciación ao pádel que celebraremos esta Semana Santa

As inscricións poden realizarse os días 21 e 22 nas oficinas municipais

Se tes entre 9 e 16 anos, esta Semana Santa non tes escusa para non facer deporte. No Concello de Ponteceso queremos poñercho doado, e por iso desde a Concellería de Deportes organizamos un campamento de iniciación ao pádel no que descubrirás todos os segredos deste deporte.

Aproveitaremos a Semana Santa, en concreto os días 26, 27 e 28 polas mañás, para achegarnos ata Vimianzo con todos os rapaces e as rapazas que se sumen á iniciativa. Sairemos da Praza do Recheo en autobús para practicar durante hora e media coa pelota e a pala.

Se estás interesado ou interesada podes pasar polas oficinas municipais os días 21 e 22 para inscribirte. Canto antes, mellor. Temos 40 prazas, con preferencia para nenos e nenas empadroados/as no noso concello, e se hai máis solicitantes faremos un sorteo público o xoves ás 14 horas para adxudicar as prazas.

Concello de Ponteceso