Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello realizará un investimento de case 170.000 euros na mellora de rúas de Ponteceso, Corme e O Couto

As actuacións, financiadas con cargo ao POS+, permitirán renovar servizos, acondicionar as calzadas e mellorar a seguridade viaria

O Concello de Ponteceso, coa colaboración da Deputación da Coruña, acometerá unha serie de melloras en rúas dos núcleos de Ponteceso, Corme e O Couto. A institución provincial achega o 100% do orzamento desta obra encadrada no Plan único adicional (POS+ 2017), que acada os 169.590,59 euros.

Os traballos de mellora en Ponteceso centraranse na rúa Cruceiro, onde se acometerá a pavimentación con balastro, grava con rega semiprofunda e aglomerado en quente. Previamente realizarase a canalización dos servizos da rúa con tubo para pluviais, saneamento, abastecemento, iluminación, electricidade e telefonía, todos eles cos seus correspondentes pozos e arquetas. Complétase a actuación coa colocación de 30 pilonas para delimitación de espazos, 15 balizas para iluminación e o pintado de marcas nas vías.

No referente ás rúas do Couto, preténdese a mellora da capa de rodaxe da vía con aglomerado en quente despois da reparación de fochas con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Tamén se contempla o formigonado de bermas en ambas marxes de todo o treito e o repintado das marcas nas vías.

En Corme está proxectada a continuación da pavimentación das rúas Real e Huertas. Os traballos centraranse na execución dun pavimento de formigón desactivado combinado con lastra, unha solución semellante á existente nas rúas xa reformadas. Tamén se contempla a execución dunha rede de pluviais que permita separar estas da rede de fecais e a adaptación das arquetas e pozos das redes existentes.

Concello de Ponteceso