Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso inicia a campaña de bacheo da rede viaria municipal

Arrinca tamén o proceso para a contratación das obras de asfaltado de camiños nos lugares da Ourada, Riotorto e A Garga

A Concellería de Infraestruturas, que dirixe José Manuel Pose Verdes, aproveitou a melloría do tempo para iniciar a campaña de bacheo da rede viaria municipal co obxectivo de poñela a punto despois do inverno, no que se produciron numerosos danos a causa do mal tempo. Os traballos comezaron pola parroquia de Cores, pero estenderanse ao resto do territorio, ata completar o acondicionamento dos miles de metros que abrangue a rede viaria municipal.

Xunto cos arranxos puntuais que facilitan a mobilidade por todo o concello, o goberno municipal de Ponteceso está a traballar noutros proxectos de máis envergadura que contribuirán a seguir mellorando a nosa rede viaria. Hoxe mesmo o alcalde, Lois García Carballido, asinou o inicio do expediente de contratación do proxecto de reparación e asfaltado de camiños nos lugares da Ourada e Riotorto, na parroquia de Cores, e A Garga, na parroquia de Anllóns.

As obras contan co financiamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a través do plan de mellora de camiños municipais 2017-18, dentro do cal o Concello de Ponteceso ten asignada unha axuda de 54.583 euros.

Concello de Ponteceso