Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O servizo de Normalización Lingüística organiza un contacontos infantil para promover a lectura e ensinar a xestionar as emocións

A actividade, incluída no programa Apego, terá lugar o venres 27 ás 19.00 horas na biblioteca municipal

O Servizo de Normalización Lingüística, que dirixe o concelleiro de Educación, Asociacionismo e Patrimonio, Carlos Penedo Casmartiño, ten programada para este venres 27 unha sesión de contacontos, dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos a as súas familias, coa intención de espertar entre os máis cativos/as o hábito e o gusto pola lectura en galego e axudarlles a identificar as emocións poñendo ao seu alcance as ferramentas necesarias para xestionalas.

A iniciativa, que dará comezo ás 19.00 horas na biblioteca municipal de Ponteceso, inclúe ademais a posta en marcha de varias dinámicas de distensión e a realización dunha actividade que os/as asistentes poderán levar para a casa. A educadora infantil e pedagoga María Paredes será a encargada de levar a cabo este obradoiro, incluído no programa de actividades con Apego.

Apego é unha iniciativa que botou a andar no ano 2015 para incentivar e facilitar a socialización en galego das nenas e dos nenos desde a primeira infancia, e que neste momento é desenvolvida desde os servizos de normalización lingüística de 30 concellos, entre eles o de Ponteceso, o único da comarca de Bergantiños xunto con Carballo. As familias que desexen adherirse ou máis información poden poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística desde a nosa páxina web.

Concello de Ponteceso