Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso facilitará a conciliación familiar cun servizo de madrugadores se hai un mínimo de inscricións

As persoas interesadas poden inscribirse e/ou obter máis información no departamento de Educación Familiar

Programa madrugadoresFacilitar a conciliación da vida laboral e familiar é un dos obxectivos da concellería que dirixe Isabel Vuelta. Con esa intención desenvólvese nos períodos vacacionais, por exemplo, o programa Concilia, que ten moi boa acollida entre as familias. Agora o obxectivo é estender ese servizo a todo o ano coa posta en marcha do Programa Madrugadores para o curso escolar 2018-2019.

Desde a Concellería de Servizos Sociais ofrécese a posibilidade de participar no Programa Madrugadores ás familias do alumnado dos colexios Eduardo Pondal de Ponteceso e As Forcadas de Corme. O servizo porase en marcha sempre e cando exista un número mínimo de 10 usuarios/as.

Isabel Vuelta destaca que con esa iniciativa posibilitarase que os pais e as nais poidan deixar aos seus fillos e fillas ao coidado de monitorado especializado desde as 07.30 horas ata a hora de comezo das clases. O servizo prestarase nos propios colexios e incluirá a opción de almorzo.

As familias que precisen máis información ou que estean interesadas en anotarse poden pasar polo Departamento de Educación Familiar, na Casa do Concello.

Concello de Ponteceso