Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

As Avoas de Laxe encherán de humor, anécdotas e sabedoría unha nova sesión dos Domingos de Lecer

O espectáculo terá lugar este domingo, ás 19.30 horas, no Edificio das Escolas Municipais

Esta fin de semana volven os Domingos de Lecer a Ponteceso, dentro do programa de actividades de ocio e tempo libre que promove a Concellería de Servizos Sociais. Nesta ocasión, ademais de entretemento, as risas e as emocións estarán aseguradas a partes iguais. Ás 19:30 horas dará comezo, no Edificio das Escolas Municipais, unha representación teatral cargo de As Avoas de Laxe Teatro, que chegan dispostas a arrincar as risas do público cun espectáculo interxeracional e familiar.

Ademais de entreter e divertir, con esta proposta, o departamento que dirixe Isabel Vuelta pretende promover un intercambio de coñecementos e sabedoría popular, no que non faltarán bo humor, anécdotas e relatos en primeira persoa para converter a tarde de domingo nunha experiencia enriquecedora, emotiva e moi didáctica.

A programación mensual dos Domingos de Lecer rematará o día 27 nas instalacións do Fogar do Pensionista de Corme ao ritmo do dúo musical formado por Carlos Manteiga e Melchor (ex-cantante de Los Satélites).

Concello de Ponteceso