Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo de inscrición para un obradoiro de autodefensa dirixido a mulleres maiores de 16 anos

A iniciativa, que forma parte da campaña da Deputación Provincial “Quen dixo medo?”, desenvolverase o 21 de xuño nas Escolas Municipais de Ponteceso

Se es muller e tes máis de 16 anos podes participar no obradoiro de autodefensa que celebraremos o 21 de xuño, de 17.00 a 19.30 horas, nas Escolas Municipais de Ponteceso. A iniciativa, que forma parte da campaña da Deputación Provincial Quen dixo medo?, ten como finalidade xerar un espazo que permita ás mulleres identificar as agresións e proporcionarlles habilidades e coñecementos dos mecanismos de defensa, tanto físicos coma psíquicos, fronte a un posible agresor, para poder saír airosas dunha situación de violencia cunha resposta contundente e decidida.

O obradoiro empregará unha dinámica participativa e constará dun bloque teórico e outro práctico. O programa será o seguinte:

Parte teórica
• Que é a violencia de xénero
• Ciclo de violencia
• Identificación da situacións de violencia
• Análise dos tipos de violencia

Parte práctica
• Formas de defensa e bloqueo
• Técnicas de inmobilización
• Hábitos de conduta e actuación

O obxectivo é que as mulleres tomen conciencia dos seus dereitos, da súa forza e da súa valía a través do traballo físico.

O prazo de inscrición xa está aberto. As interesadas poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais (981 714 000-ext.7), enviar un e-mail a info@quendixomedo.gal ou chamar ao 981 756 469. As prazas son limitadas.

Concello de Ponteceso