Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo de inscrición para participar nun curso de coidadores/as de persoas con alzheimer

A actividade, organizada en colaboración coa asociación Afaber, desenvolverase os días 11, 12, 13, 18 e 19 de xuño na Biblioteca Municipal

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no curso para coidadores de persoas con alzheimer, que organiza a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños (Afaber) en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais de Ponteceso.

A actividade, que será de balde, terá lugar os días 11, 12, 13, 18 e 19 de xuño na Biblioteca Municipal de Ponteceso en horario de 10:30 a 12:30. As persoas interesadas poderán anotarse chamando ao departamento municipal que dirixe Isabel Vuelta (981 714 000) ou poñéndose en contacto coa entidade no 981 758 545 e no 625 980 691.

Coidándose para coidar mellor é o título desta nova acción formativa, que pretende proporcionar a coidadores/as e familiares a asistencia psicoterapéutica necesaria para o correcto desempeño das súas funcións.

Recursos emocionais, saber pedir axuda, atender as súas propias necesidades e prestar os coidados necesarios sen comprometer a súa saúde son algunhas das materias que se abordarán durante o curso.

Concello de Ponteceso