Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Xuventude Aventureira, unha proposta da Concellaría de Turismo para mozos e mozas de 12 a 17 anos

O prazo de inscrición está aberto ata o 4 de xullo

Se tes de 12 a 17 anos e ganas de aventura, na Área de Turismo e Xuventude temos a actividade ideal para ti. Propoñémosche pasar tres días incribles, do 9 ao 11 de xullo, no Galipark Multiaventura de Padrón, onde poderás lanzarte en tirolina, practicar tiro con arco, escalar por un rocódromo, facer rafting, sendeirismo, nadar, navegar en kaiak, participar nunha ruta de BTT... Seguro que xa te fas unha idea.

O único que che pedimos é que saibas nadar e que te inscribas canto antes, porque temos 25 prazas e cubriranse por orde de reserva. O prazo está aberto ata o 4 de xullo.

Infórmate sobre a campaña Xuventude Aventureira no Concello de Ponteceso (981 714 000) ou na Oficina Muncipal de Corme (981 738 428). Descarga o cartel e o formulario de inscrición máis abaixo.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso