Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto ata o 30 de xullo o prazo de solicitude das axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021

Concesión (VI432A) e a renovación (VI432B) das seguintes axudas ao alugamento de vivendas, de conformidade co Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021:

? Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.

? Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.

Prazo de presentación
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, ata o 30 de xullo de 2018.

Para máis información pode acudir ao Departamento de Servizos Sociais do concello ou chamar ao teléfono 981 714 000.

Concello de Ponteceso