Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Superado o centenar de participantes na Travesía Costa Abanca Duacode Balarés, que se celebrará o vindeiro domingo 22

O prazo de inscrición para a proba, na que colabora o Concello de Ponteceso a través da Concellaría de Deportes, remata este domingo 15 ás 23.59 horas

Faltan só dous días para que remate o prazo de inscrición e xa superamos o centenar de participantes na segunda edición da Travesía Costa Abanca Duacode Balarés, integrada nun circuíto do que tamén forman parte as travesías da Coruña, Oleiros, Malpica e Fisterra. A presentación da proba tivo lugar na praia de Balarés coa participación de membros da Agrupación Deportiva Abellariza, impulsora da proba, e do Concello de Ponteceso, que estivo representado polos concelleiros José Manuel Pose Verdes e Marco Varela Vidal.

As persoas que queiran participar aínda están a tempo de anotarse a través da páxina de Internet http://www.travesiacostabalares.com/, na que se ofrece toda a información sobre esta cita deportiva.

A travesía celebrarase o domingo 22. A concentración dos/as participantes (o límite está establecido en 200) está prevista para as 09.00 horas. Este ano, ademais da distancia de 3.200 metros con saída e chegada en Balarés, incorpórase un segundo percorrido de 1.600 metros entre a praia da Area das Vacas e a de Balarés.

Igual que na primeira edición, haberá servizo de gardarroupa e gardería, entre outros, e ademais unha paella preparada pola sección Abellariza Chef agardará aos participantes á chegada.

Así mesmo, desde a Travesía Costa Abanca Duacode Balarés realizarase un donativo de 2 € por cada participante a favor da Asociación Galega de Ataxias coa finalidade de contribuír á investigación sobre una enfermidade con moita incidencia na nosa contorna.


Concello de Ponteceso