Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Os primeiros Premios Deportivos Concello de Ponteceso recoñecen os logros e o esforzo de entidades e deportistas locais

A piloto Sandra García será a madriña da gala, que se celebrará o venres 20, ás 21.30 horas, no salón de actos do Edificio das Escolas

Recoñecer o esforzo, a dedicación, o espírito de superación e tamén os logros dos nosos e as nosas deportistas é, como explica o concelleiro de Deportes, Marco Varela, o obxectivo da primeira edición dos Premios Deportivos Concello de Ponteceso, que se celebrará este venres, ás 21.30 horas, no salón de actos do Edificio das Escolas.

Sete entidades e cinco deportistas individuais recibirán o recoñecemento do Concello de Ponteceso nun acto no que tamén haberá música, e que contará coas intervencións do concelleiro de Deportes, Marco Varela, e o alcalde, Lois García Carballido.

A piloto Sandra García será a madriña da gala, que nace coa intención de ter continuidade en anos vindeiros para que ao remate de cada temporada os nosos deportistas teñan o recoñecemento que merecen.

Desde a Concellaría de Deportes faise un chamamento a toda a veciñanza, e dun xeito especial, a todas as persoas afeccionadas ao deporte, para que se sumen a esta celebración.

Concello de Ponteceso