Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A conta xeral do 2017 amosa uns resultados históricos de investimento, superávit e fondos líquidos de tesourería

O ano 2017 pechou cun récord de ingresos, malia ter conxeladas todas as taxas e impostos. O Concello de Ponteceso ingresou un total de 5.626.307,8 euros fronte aos 4.719.982,11 euros do ano anterior, o que supón un incremento do 20% nos ingresos.

Polo que se refire aos gastos, tamén aumentaron nun 9% (gastáronse 4.331.271,19 euros, mentres que en 2016 foran 3.974.869,94). O Concello de Ponteceso conseguiu liquidar toda a débeda de facturas legais que deixara o goberno anterior, e grazas ao control da débeda os investimentos reais bateron un récord ao aumentar un 56% (dos 332.480 de 2016 aos 521.025 de 2017).

Como foi posible aumentar nada máis o gasto un 9% incrementando o investimento real un 56% e pagando todas as facturas legais pendentes? Grazas á contención da débeda. O pagamento da débeda baixou de 552.227 en 2016 a 213.117 en 2017, un 61% menos.

O alcalde, Lois García Carballido, valorou as cifras deste xeito: ?Conseguimos baixar o pago da débeda un 61% porque o Ministerio premiounos pola boa xestión económica concedéndonos unha carencia de tres anos sobre o préstamo máis alto que herdamos do goberno de José Luis Fondo, que supera o millón de euros?. Grazas a esa baixada do pagamento da débeda, destináronse máis fondos ca nunca a investimentos reais sen subir taxas nin impostos.

De todo este esforzo de xestión honrada e eficiente, do ano 2017 resultan uns números positivos históricos de 1.203.060,97 euros, e unhas existencias de tesourería en caixa tamén nunca vista, de 2.062.734,15 euros. Como en 2017, por prudencia, non se gastou nada do superávit de 2016, o remanente de tesourería para gastos xerais bate un récord histórico en Ponteceso con 1.578.325,14 euros.


Concello de Ponteceso