Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Concellaría de Deportes realizará un importante investimento nos campos de fútbol de Ponteceso e Corme

O novo céspede do Pinguel e a iluminación do Cairo, xunto coa apertura do ximnasio municipal e o incremento da oferta deportiva, serán realidade en breve grazas á xestión de APIN

APINDesde a Concellaría de Deportes, o concelleiro de APIN Marco Varela está a traballar para mellorar a calidade das instalacións deportivas municipais, dando resposta deste xeito ás necesidades e demandas das entidades, e para achegar o práctica do deporte a toda a poboación a través dun programa de actividades amplo, variado e adaptado ás distintas xeracións.

Neste sentido, de cara ao vindeiro curso ampliaremos a oferta habitual de actividades con propostas tan novidosas na contorna coma tiro con arco. Do mesmo xeito, estamos a elaborar un convenio cunha asociación local para ofrecer cursos de kayak as fines de semana ou mesmo organizar rutas polo Anllóns. ?Para APIN, a promoción do deporte ?sinala o concelleiro Marco Varela- debe ser prioritaria na acción de goberno, xa que ademais de fomentar hábitos de vida saudables, está demostrado que pode ser un elemento moi importante para a posta en valor dos nosos recursos turísticos e naturais, algúns tan emblemáticos como o noso incomparable río Anllóns?.

Facilitar a práctica do deporte leva aparellada a necesidade de contar cunhas instalacións axeitadas, e por iso desde a Concellaría de Deportes estamos a facer un importante esforzo na mellora das infraestruturas e equipamentos municipais. Despois das melloras realizadas xa nos campos de fútbol do Pinguel e do Cairo e no pavillón de Ponteceso, xa temos elaborado o proxecto para acometer a substitución do céspede actual do Pinguel por un de última xeración, ademais de instalar un novo sistema de rego e de arranxar as gradas, entre outras actuacións. No Cairo instalaremos a tan demandada iluminación, ademais de seguir atendendo as demandas trasladadas pola actual directiva do Corme.

Así mesmo, unha vez rematada a primeira fase do ximnasio municipal, desde APIN a nosa intención é que entre en servizo á maior brevidade, para seguir dando resposta ás demandas e necesidades dos veciños e veciñas do noso concello.

Concello de Ponteceso