Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso creará unha bolsa de emprego de aparelladores e arquitectos técnicos

Publicadas no BOP do 4 de setembro a convocatoria e as bases que rexerán o concurso

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar a convocatoria e as bases que rexerán o concurso para a creación dunha bolsa de emprego para a provisión temporal de vacantes nos postos de aparelladores/as e arquitectos/as técnicos/as. As persoas interesadas poden descargalas premendo aquí.

A bolsa de emprego terá unha validez durante dous anos contados a partir da publicación do resultado final do proceso de selección, prorrogable por outro ano máis, e as contratacións ou nomeamentos realizaranse conforme á orde de prelación establecida no mesmo.

As persoas interesadas teñen de prazo 10 días naturais, contados a partir do 5 de setembro, para presentar as súas candidaturas.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso