Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Afaber instalará o día 26 unha mesa informativa sobre o alzhéimer no centro de saúde de Ponteceso

De 10.30 a 12.30 horas ofrecerase información sobre aspectos relacionados con esta doenza e sobre as actividades que desenvolve a entidade ao longo do ano

Con motivo da conmemoración do Día Mundial do Alzhéimer, que se celebra o 21 de setembro, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños, vén de poñer en marcha un amplo programa de actividades para sensibilizar á sociedade sobre as repercusións desta enfermidade, tanto a nivel social como sanitario, e dar visibilidade ao traballo que desenvolve ao longo do ano en favor dos/as doentes e dos seus familiares. Para elo, entre outras iniciativas, a entidade iniciará un percorrido polos diferentes municipios da comarca co fin de achegar dita información a toda a veciñanza.

No noso concello a cita será o vindeiro mércores 26. En colaboración coa Concellería de Servizos Sociais, Afaber instalará unha mesa informativa no centro de saúde de Ponteceso, de 10.30 a 12.30 horas. Desde o departamento que dirixe Isabel Vuelta convidamos a todas as persoas que o desexen a achegarse ata o punto de información para coñecer de primeira man todo o relacionado con esta doenza. E se queredes participar nalgúns dos actos da Semana do Alzhéimer aquí vos deixamos o cartel con todas as citas.

Concello de Ponteceso