Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Renovado un ano máis o convenio de colaboración entre o Concello de Ponteceso e Escola Basket Xiria

A formación de xogadores/as e a divulgación do baloncesto son os principais obxectivos do acordo asinado polo concelleiro de Deportes, Marco Varela, e o director deportivo do club, Arturo Ferraces

O Concello de Ponteceso e a Escola Basket Xiria veñen de asinar un novo convenio de colaboración para continuar co labor de formación de xogadores/as desde a base e a divulgación do deporte do baloncesto entre os nenos e as nenas.

Unha vez coñecidos os novos horarios dos centros educativos e das actividades deportivas municipais, o concelleiro de Deportes, Marco Varela; a técnica de Deportes do Concello de Ponteceso, Remedios Varela, e o director deportivo da Escola Basket Xiria, Arturo Ferraces, celebraron unha xuntanza para sentar as bases do novo curso.

A colaboración entre o Concello de Ponteceso e a Escola Basket Xiria comezou hai xa tres anos, e grazas ao traballo desenvolvido o ano pasado foi posible formar tres equipos e que competisen en ligas federadas nas categorías babybasket, benxamín e alevín.

Concello de Ponteceso