Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Convocadas as axudas para a promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidade

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro 19 de novembro

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria de axudas individuais, de carácter non periódico, destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal para persoas con discapacidade. Dita subvención ten como finalidade desenvolver e manter a capacidade persoal de controlar, afrontar e tomar decisións acerca de como vivir de acordo coas normas e preferencias propias e facilitar a execución das actividades básicas da vida diaria, de maneira que todas as persoas poidan levar unha vida o máis autónoma posible.

As persoas beneficiarias de ditas axudas deberán cumprir os seguintes requisitos:
 Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. Pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou gran invalidez e pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (artigo 4.2 do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social).
 Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
 Ter unha renda per cápita da unidade familiar de convivencia, calculada nos termos previstos no artigo 9, que non supere o 300 % do IPREM establecido para o ano 2018.
 Cumprir os requisitos establecidos con carácter xeral para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Será requisito indispensable para poder optar á axuda ao abeiro da Orde do 9 de outubro de 2018, que a entidade/profesional autónomo que preste o servizo de promoción da autonomía persoal figure inscrita/o, con anterioridade ao prazo de finalización de prestación de solicitudes no RUEPSS.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro 19 de novembro.

Máis información nos teléfonos 881 933 223 e 881 983 627 ou na oficina municipal do departamento de Servizos Sociais.

Concello de Ponteceso