Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Doce persoas participan nun curso de alfabetización dixital para o emprego organizado pola Fundación Radio ECCA Canaria e o Concello

A Asociación de Empresarios de Ponteceso, Cabana e Laxe tamén colabora nesta acción formativa coa cesión de ordenadores portátiles

O Concello de Ponteceso e Fundación Radio ECCA Canaria están a desenvolver dende unha nova acción formativa destinada a mellorar a capacitación das persoas desempregadas e propiciar así unha maior accesibilidade ao mercado de traballo.

A actividade, que arrancou este luns 22 coa participación de 12 persoas, consiste na realización dun curso de alfabetización dixital para o emprego, que se levará a cabo na aula de informática do Centro Cultural, de 09.00 a 14.00 horas, ata o vindeiro 22 de novembro.

As clases teórico-prácticas, impartidas por Radio Ecca Fundación Canaria, terán unha duración total de 100 horas e centraranse no manexo do paquete de Microsoft Office, abordando as seguintes materias:

 Elaboración de currículos
 Uso de correo electrónico e redes sociais
 Procura de información en internet
 Xestión de trámites por internet
 Técnicas para a procura de emprego
 Inscrición nos principais portais de emprego
 Xestión de ofertas a través de portais de emprego

Desde o Concello de Ponteceso tamén queremos agradecer a colaboración da Asociación de Empresarios de Ponteceso, Cabana e Laxe coa cesión de ordenadores portátiles, así coma a súa implicación na posta en marcha desta actividade encamiñada a mellorar o acceso ao mercado laborar e promover o emprego local.

Concello de Ponteceso