Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A campaña de vacinación contra a gripe desenvolverase do 22 de outubro ata o 28 de decembro

Pide cita no teu centro de saúde.

Como cada ano, desde hai xa 27, a Consellería de Sanidade vén de poñer en marcha a campaña de vacinación contra a gripe. Esta enfermidade, moi frecuente a nivel mundial e que se transmite con moita facilidade, pode ser grave e incluso mortal, especialmente en grupos coma as persoas maiores, as mulleres embarazadas e aquelas persoas con condicións médicas que as predispoñen ao padecemento de complicacións por esta enfermidade. Por este motivo e co obxectivo de reducir o impacto da enfermidade, as persoas que pertenzan a colectivos de risco poden pedir cita para vacinarse ata o 28 de decembro.
A campaña vai especialmente dirixida aos seguintes colectivos:

? Persoas de 60 ou máis anos, especialmente as de 65 ou máis anos
? Persoas de calquera idade residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención a crónicos)
? Mulleres embarazadas en calquera trimestre de xestación
? Persoas menores de 60 anos con patoloxías de risco
? Persoas que lles poden transmitir a gripe a persoas con alto risco de presentar complicacións como traballadores e estudantes en prácticas de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios, especialmente as que atenden a pacientes de alto risco; as persoas que traballan en institucións pechadas ou en centros de atención a enfermos crónicos e os membros da familia de persoas pertencentes a persoas de grupos de risco.
? Existen outros colectivos nos cales se recomenda a vacinación: persoas que desenvolven traballos esencias para a comunidade e os traballadores expostos directamente ás aves ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas

Se estás entre algún dos colectivos afectados solicita cita do xeito habitual (teléfono, internet ...) ou no teu centro médico de referencia.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso