Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Concellaría de Educación felicita ao CRA Nosa Señora do Faro polo premio "Líderes en calidade"

O acto de entrega terá lugar o día 8 en Expourense, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Calidade

O concelleiro de Educación, Carlos Penedo, no nome do Concello de Ponteceso, felicitou ao CRA Nosa Señora do Faro polo novo recoñecemento que vén de obter: o premio "Líderes en Calidade", que outorga anualmente Expourense con motivo do Día Mundial da Calidade.

O obxectivo dos galardóns, que cumpren oito anos, é distinguir a empresas e entidades galegas que apostan por modelos de xestión baseados en Sistemas de Calidade e Medio Ambiente.

O xurado, integrado por AENOR, Serviguide e o Comité Executivo de Expourense, valorou a traxectoria de distintas empresas certificadas procedentes de diferentes sectores e estimou que o CRA de Ponteceso sexa a distinguida no sector da educación.

A entrega do premio terá lugar o xoves 8 en Expourense, con motivo da celebración do Día Mundial da Calidade. Moitos parabéns!

Concello de Ponteceso