Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso contrata obras financiadas con cargo ao Plan Único da Deputación por máis de 475.000 euros

Os proxectos, que poderán empezar a materializarse nas vindeiras semanas, permitirannos seguir mellorando as infraestruturas viarias en diferentes parroquias

A rúa Real é unha das que serán melloradasAdemais de sacar adiante no último pleno un plan de investimentos por un total de 482.793 euros que financiaremos co superávit do ano pasado, na Plataforma de Contratos do Estado xa poden consultarse as propostas de contratación doutros tres importantes proxectos aos que destinaremos 475.140 euros con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña. O Concello de Ponteceso contou coa asistencia técnica da institución provincial no proceso, xa que se realizou integramente de xeito electrónico, seguindo as directrices da actual Lei de Contratación.

1. A empresa BARNACLE OBRAS Y SERVICIOS resultou adxudicataria do proxecto de mellora de rúas en Ponteceso e Corme, por un importe de 136.266,92 euros e un prazo de execución de seis meses. Estas son as actuacións previstas:
? Rúa Cruceiro (Ponteceso)
? Rúa Real (Corme Porto)
? Rúa Hortas (Corme Porto)


2. Cun importe de 111.393,14 euros e seis meses de prazo de execución, a empresa BCNOR GESTIÓN Y SOLUCIONES AVANZADAS, SL executará o segundo proxecto, que inclúe as seguintes obras:
? Pavimentación do núcleo de Cores
? Pavimentación da praza da Rúa Nova (Corme)
? Pavimentación das vías da contorna da Praza do Pan (Corme)


3. Por último, a empresa CONSTRUCCIONES LÓPEZ CAO, SL resultou adxudicataria do proxecto de pavimentación da vía do Quente ó límite municipal con Coristanco e outros, por importe de 227.480,00? e un prazo de execución de 6 meses. Estas son as actuacións programadas:
? Pavimentación da vía do Quente ao límite con Coristanco
? Mellora da rúa da zona escolar de Ponteceso
? Pavimentación da pista da Rocha e O Castro da Campara
? Pavimentación de rúas no núcleo da Campara
? Pavimentación do núcleo de Limiñoa
? Pavimentación de vía en Pazos de Abaixo


A estas actuacións, que botarán a andar nas vindeiras semanas, sumaranse o ano que vén as que financiaremos co superávit do ano 2017, tal como acordamos no último pleno malia o voto en contra do Partido Popular. As obras previstas son as seguintes:

? Torres de alumeado no campo de fútbol municipal do Cairo, Corme: 48.400 ?
? Instalación de aparatos biosaludables e mellora de parque infantil en Pazos: 17.067,00 ?
? Teito da escola infantil municipal para nenos e nenas de 0-3 anos en PVC: 18.000,00 ?
? Pista dende o límite con Buño ao depósito de auga (Xornes): 7.179 ?
? Acceso a núcleo rural de Figueiroa (Cores) 8.499 ?
? Pavimentación das rúas do núcleo de Figueiroa (Cores): 27.881 ?
? Pista no Castro de Cores (Cores): 29.936 ?
? Pista dende Froxán de Xornes ao deposito de auga (Xornes): 40.720 ?
? Pista dende riotorto a Ameixenda (Cores - Pazos): 55.762 ?
? Pista dende Balarés a Corme Aldea (Cospindo-Corme Aldea): 73.349 ?
? Pista dende Bugalleira a Rebordáns polas Salgueiras (Tallo-Pazos): 83.919 ?
? Pista dende Rebordáns a Tallo (Pazos ? Tallo): 87.764 ?
? Adecuación da praza da Bugalleira: 68.000 ?


En total, case un millón de euros que permitirán dar solución a algunhas das principais necesidades detectadas desde a Concellería de Infraestruturas, que dirixe José Manuel Pose Verdes, e que reflicten o compromiso permanente do goberno tripartito coa mellora dos servizos públicos e da calidade de vida dos nosos veciños e veciñas.

Concello de Ponteceso