Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Javier Losada coincide co alcalde de Ponteceso no impulso para a ampliación do solo industrial do Concello

O delegado do Goberno reuniuse onte con Lois García Carballio, quen lle presentou os plans para colaborar co SEPES na ampliación do Polígono de Tella

A reunión serviu de preparación para a próxima visita de responsables do SEPES ao Concello

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, reuniuse co alcalde de Ponteceso, Lois Garcia Carballido, con quen avaliou o proxecto de ampliación do Polígono Industrial de Tella. Ambos coincidiron en traballar a prol de dotar a Ponteceso de maior solo industrial, toda vez que os terreos dispoñibles no actual polígono xa están vendidos.

Esta reunión serviu de preparación para a viaxe que farán responsables do SEPES a Ponteceso o próximo día 21 deste mes. Así, Javier Losada e Lois García repasaron as propostas que o goberno municipal trasladará á Entidade Pública Empresarial do Solo-SEPES, organismo público dependente do Ministerio de Fomento, de cara a establecer unha colaboración para facer realidade este proxecto. A representación do SEPES estará encabezada pola xefa de Viabilidade e Control de Poxectos, MªJesús Llorente que poderá coñecer sobre o terreo a iniciativa municipal.

SOLO DE USO INDUSTRIAL EN PONTECESO
A dispoñibilidade de solo para uso industrial no concello de Ponteceso concéntrase no Polígono Industrial de Tella, unha área de pouco máis de 10 hectáreas situada nunha posición bastante central no termo municipal.

O Concello de Ponteceso fixo un esforzo para esgotar o solo na primeira fase, con rebaixas en impostos e a dotación de conexión de fibra óptica, entre outras vantaxes.

Concello de Ponteceso