Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Deputación premia a Ponteceso cun segundo plan adicional de 290.000 euros polo aforro no pagamento de facturas do 2017

O Concello iniciará de inmediato a licitación de melloras viarias en Brantuas, Niñóns, Guxín, Anllóns Grande, Anllóns de Arriba, de Carballido ao Alto da Costa e nas Bardaias

A Deputación da Coruña vén de asignar un segundo plan adicional de 289.852 euros para obras a Ponteceso. No ano 2017 o Concello xa tiña pagadas todas as facturas pendentes cando chegaron os cartos do POS, e por iso agora a institución provincial abre a vía a que estes fondos se invistan en obras.

O Concello vai iniciar de inmediato a licitación de melloras viarias en Brantuas e Niñóns, Guxín - Corme Aldea, Anllóns Grande e Anllóns de Arriba, pista de Carballido ao alto da Costa dirección Corme, e pista das Bardaias en Tella. Os proxectos foron redactados baixo a dirección de José Manuel Pose Verdes (APIN), concelleiro de Infraestruturas (ver plano adxunto).

1.- PAVIMENTACIÓN VÍAS EN NIÑÓNS
En dous treitos de 95 m e 55 m preténdese a mellora do pavimento das vías en Niñóns. En total a superficie de actuación será de 835 m², na que se propón a demolición do pavimento actual e a execución dun novo pavimento de formigón desactivado de 15 cm alternado con adoquíns de granito de corte recto, de 20x10x10 cm todo elo asentado sobre 10 cm de zahorra. Previamente realizarase a canalización de pluviais e saneamento, así coma de alumeado, cos seus correspondentes pozos, arquetas e sumidoiros. Complétase a actuación con 8 luminarias empotradas e 3 balizas.

2.- PAVIMENTACIÓN VÍAS EN GUXÍN
Cunha lonxitude total de 240 m. e 3,00 m. de ancho, preténdese a mellora da capa de rodaxe con 5 cm de aglomerado en quente, previa reparación de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Tamén se contempla a canalización de 200 m de cuneta e 8 arquetas e o formigonado de 240 m de berma. Finalmente contémplase a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, así coma o repintado das marcas viarias e a colocación de 1 sinal de stop.

3.- PAVIMENTACIÓN VÍAS EN ANLLÓNS GRANDE
Cunha lonxitude total de 825 m. e 4,00 m. de ancho, preténdese a mellora da capa de rodaxe con 5 cm de aglomerado en quente, previa reparación de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Tamén se contempla o formigonado de 825 m de berma. Finalmente procederase á apertura de gabias e limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, así coma o repintado das marcas.

4.- PAVIMENTACIÓN VÍAS EN ANLLÓNS DE ARRIBA
En dous treitos de 110 m x 3,5 m e de 225 m x 2,0 m, preténdese a mellora da capa de rodaxe con 5 cm de aglomerado en quente, previa reparación de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Tamén se contempla o formigonado da berma. Finalmente procederase á apertura de gabias e limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, así coma o repintado das marcas.

5.- PAVIMENTACIÓN DO VIAL DE CARBALLIDO A AC-424
Cunha lonxitude total de 2.200 m. e 4,25 m. de ancho, preténdese a mellora da capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Tamén se contempla a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.

6.- PAVIMENTACIÓN DA PISTA DAS BARDAIAS (TELLA)
En catro treitos de 400 m x 4,0 m, de 540 m x 3,0 m, de 70 m x 4,0 m e de 30 m x 3,0 m, preténdese a súa pavimentación con dez centímetros de grava e posterior triple tratamento asfáltico, previo acondicionamento da explanación, nivelación e rasanteo. Tamén se contempla a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal e a colocación de 1 sinal de stop.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso