Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo de solicitude de participación no programa de termalismo do Imserso 2019

Consulta aquí as condicións e inscríbete

Na convocatoria para 2019 do programa de termalismo social do Imserso prevense dous prazos de solicitude:

Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos incluídos.

-Con prioridade na adxudicación de praza: ata o 11 de xaneiro de 2019.
-Para a súa inclusión na orde que corresponda, na Lista de Espera de Prazas: ata o día 16 de maio de 2019.

Para as quendas dos meses de setembro a decembro, ambos incluídos:

-Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 17 de maio de 2019.
-Para a súa inclusión na Lista de Espera de Prazas para a cobertura de prazas que vaian quedando vacantes por distintos motivos: ata o 31 de outubro de 2019.

A adxudicación de prazas efectúase de acordo coa puntuación obtida polos expedientes, tendo en conta os balnearios e quendas solicitados.

A resolución adoptada notifícase por escrito a todas as persoas solicitantes; en concreto para as persoas solicitantes das quendas dos meses de setembro a decembro de 2019, na segunda semana do mes de xullo notificarase por escrito a asignación, no seu caso, das prazas solicitadas.

Máis información, na ligazón inferior.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso