Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso concede 20 vales de Nadal, por valor de 60 € cada un, a familias en risco de exclusión social

Esta iniciativa, promovida polo departamento que dirixe Isabel Vuelta, pretende axudar ás economías familiares máis modestas de cara ao Nadal

O Concello de Ponteceso, a través da Concellería de Servizos Sociais, vén de conceder 20 vales de Nadal a vinte familias do noso municipio en situación de vulnerabilidade social para contribuír así a aliviar a carga económica extraordinaria que leva consigo a chegada da época de maior consumo do ano. Os/as beneficiarios/as recibirán un cheque por valor de 60 € cada un para adquirir produtos de alimentación nun supermercado do noso concello.

Un ano máis, o departamento que dirixe Isabel Vuelta González puxo en marcha esta iniciativa solidaria coa intención de garantir as necesidades básicas dos veciños e veciñas con menos recursos e/ou en risco de exclusión social.

Concello de Ponteceso