Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberta ata o 31 de xaneiro a convocatoria de axudas para o acceso ao servizo de banda larga ultrarrápida para autónomos e empresas illadas

A Xunta de Galicia ten aberta ata o 31 de xaneiro do 2019 unha nova convocatoria de axudas para posibilitar o acceso ao servizo de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas en zonas do rural galego. Esta liña de axudas, enmarcada no Plan de Banda Larga 2020, conta para cun orzamento inicial de 600.000 euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). As empresas e autónomos interesados poderán beneficiarse de subvencións de ata o 100% dos custos necesarios para o acceso a internet de cando menos 30 Mbps , cun máximo de 20.000€ por proxecto.

Para máis información sobre estas axudas podes acceder á ligazón que figura máis abaixo ou ben poñerte en contacto coa Oficina de Banda Larga a través da dirección de correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.es ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00.

Descargas asociadas

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso