Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Aberto o prazo de inscrición para participar na Campaña de Esquí 2019 promovida pola Deputación Provincial da Coruña para mozos/as de 11 a 15 anos

Os interesados deberán presentar as súas solicitudes no departamento de Deportes de Ponteceso antes do 10 de xaneiro

Co obxectivo de fomentar a práctica do esquí e promover a convivencia entre a mocidade, a área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, un ano máis, a súa tradicional Campaña de Inverno dirixida aos mozos e mozas de 11 a 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2019) dos diferentes concellos da provincia.

A viaxe, de catro días de duración, terá como destino a estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense). Na edición deste ano haberá cinco quendas, de catro días de duración cada unha, que se desenvolverán do 25 de xaneiro ao 25 de febreiro. Nesta ocasión, os rapaces/as do noso municipio que desexen participar farano na segunda quenda, establecida do 1 ao 4 de febreiro, ambos incluídos.

O custe será de 85 euros e incluirá transporte, estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e os cursos programados.

Os interesados/as en participar deberán achegarse ao departamento de Deportes, que dirixe Marco Varela Vidal, para presentar a correspondente ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do/a solicitante. O prazo de inscrición rematará o vindeiro xoves 10. As prazas son limitadas!

A ficha de inscrición e toda a información correspondente á Campaña de Esquí 2019 poderase descargar da páxina web da Deputación da Coruña www.dacoruna.gal/deportes.

Ademais de ter a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí, os/as participantes poderán realizar outras actividades deportivas e culturais que se organizarán de xeito complementario. Anímate e participa!

Concello de Ponteceso