Consulta aquí todos os horarios
As xestións realizadas polo goberno municipal para mellorar o transporte público de viaxeiros están a dar os seus froitos, e, deste xeito, a empresa Arriva porá en marcha este
martes 22, de maneira experimental, un novo servizo de autobús entre Carballo e Ponteceso por Pazos. Na táboa anexa podes consultar os horarios.
Con este novo servizo, que agardamos que se consolide e se manteña no tempo, mellorarán as comunicacións dentro do noso concello e tamén con Carballo. O resto de rutas operativas, de luns a venres, con paradas establecidas en
Ponteceso e Pazos, son os seguintes:
?
Expedicións de ida: Laxe-Estación autobuses Carballo (saída de Ponteceso ás 08.16h e chegada a Pazos ás 08.24h) e Laxe-A Coruña, por Marineda City (saída de Ponteceso ás 13.37h e chegada a Pazos ás 13.45). Prezo: 1,45?
?
Expedicións de volta: A Coruña-Muxía, por AG-55 (saída de Pazos ás 16.00h e chegada a Ponteceso ás 16.08h) e A Coruña-Corme Porto, por Marineda City (saída de Pazos ás 17.16h e chegada a Ponteceso ás 17.24h). Prezo: 1,45?