Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Agader convoca axudas destinadas á compra de maquinaria e equipamento para empresas que desenvolvan actividades non agrícolas

A partir do día 28, data prevista para a publicación da convocatoria, os/as interesados/as terán un mes de prazo para presentar as súas solicitudes

Todas as persoas que teñan unha empresa no rural e queiran ampliala ou modernizala poderán acollerse á nova convocatoria de axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) dirixida á ?Ampliación e modernización de todo tipo de pequenas empresas que desenvolven actividades non agrarias?, dentro da medida 6.4 ?Investimentos en actividades non agrarias? do PDR de Galicia 2014-2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a partir da data de publicación, prevista no DOG do vindeiro 28 de xaneiro.

As axudas, que ascenderán ao 45% dos gastos subvencionables, terán como beneficiarios a micro-empresas e pequenas empresas situadas na zona rural, persoas físicas suxeitas ao réxime especial de traballadores autónomos e titulares dunha explotación agraria ou membros da súa unidade familiar que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación. Así mesmo, as subvencións concedidas irán destinadas á compra de maquinaria e equipamentos novos, afectos á actividade empresarial, e que sexan necesarios para desenvolvemento da actividade produtiva da empresa.

Para poder optar a este novo programa de axudas, os/as solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Empresas constituídas antes do 1 de setembro de 2018
- Os investimentos non poden estar iniciados na data de presentación de solicitude da axuda
- Que se desenvolvan no territorio de Galicia, agás nas parroquias clasificadas cono Zonas Densamente Poboadas (ZDP)
- O orzamento dos proxectos debe estar comprendido entre 10.000? e 220.000?. No caso da artesanía, a contía, será de entre 5.000? e 100.000?.

Proxectos subvencionables:
. Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
. Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE). Non obstante, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 60.000 ?.
. Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos.
. Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola...).
. Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
. Artesanía e actividades artesanais.
. Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
. Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
. Comercio polo miúdo de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

Para máis información, os interesados/as poderán poñerse en contacto con Agader a través do enderezo electrónico infoagader@xunta.gal ou chamando aos teléfonos 981 547 382/ 981 547 369/ 981 542 690. Non deixes pasar esta oportunidade e permanece atento/a este mes de xaneiro ao DOG e/ou á páxina web de Agader.

Concello de Ponteceso