Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Concellería de Obras e Servizos ten en marcha na plataforma de contratación do Estado 8 proxectos por valor de 1.728.695 euros

A mesa de contratación reuniuse esta semana para avaliar as ofertas para as obras de Niñóns e Bugalleira-Rebordáns, que acadan os 704.000 euros

O obxectivo do goberno é seguir mellorando a rede viaria municipalDespois do exhaustivo traballo de campo desenvolvido polo concelleiro de Obras e Servizos, José Manuel Pose Verdes, xa están en marcha os procesos de contratación que nos permitirán solucionar moitas das carencias detectadas, especialmente na rede viaria. Nestes momentos o Concello de Ponteceso ten en marcha na plataforma do Estado os procedementos de contratación de oito obras que suman 1.728.695 euros, e que permitirán seguir avanzando na mellora e modernización das infraestruturas segundo o plan de actuación municipal deseñado pola Concellería de Obras e Servizos. Da cantidade total, 740.000 euros xa foron adxudicados, cun aforro medio do 19% sobre o prezo de saída.

ESTA SEMANA REUNIUSE A MESA DE CONTRATACIÓN POLOS PROXECTOS DENOMINADOS “NIÑÓNS” E “REBORDÁNS”, QUE SUMAN 704.000 EUROS
O luns celebrouse unha mesa de contratación para avaliar outros proxectos por valor de 704.000 euros, en concreto os denominados Niñóns e Bugalleira-Rebordáns, que permitirán seguir mellorando a rede de estradas no rural do noso concello.

AS OBRAS XA COMEZARON EN XORNES, A CAMPARA E TALLO. EN FEBREIRO EMPEZARÁN EN CORME, NO COUTO E EN PONTECESO
As obras denominadas “O Quente” xa comezaron, e o resto das adxudicadas farano a primeiros de febreiro, en Corme-Porto, no Couto e en Ponteceso, así como en Cores.

CON ESTAS ACTUACIÓNS, O CONCELLO DE PONTECESO SUMARÁ 3 MILLÓNS DE EUROS DE INVESTIMENTO NO RURAL NO QUE VAI DE MANDATO
Con estes investimentos, o Concello de Ponteceso sumará 3 millóns de euros investidos nas parroquias de Ponteceso neste mandato, con importantes investimentos en Pazos, Tallo, Anllóns, Cores e Brantuas.

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso