Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Remataron as obras do tellado da escola infantil, na que vimos de investir 18.000 euros

A escola infantil da rede A Galiña Azul xa está preparada para soportar sen incidencias estes días de vento e choiva, como puido comprobar o alcalde, Lois García Carballido. O Concello de Ponteceso vén de rematar as obras de substitución da cuberta, que supuxeron un investimento de 18.000 euros.

Malia ser un edificio que custou 160.732 euros e que se construíu no ano 2008, a cuberta plana estaba mal executada e producíanse filtracións en todo o edificio, polo que foi preciso actuar en toda a superficie e nos distintos elementos do tellado.

As actuacións realizadas, tal como figura no informe técnico, foron as seguintes:
? Limpeza de toda a cuberta, incluídos os sumidoiros, con retirada de materiais soltos.
? Colocación dunha nova claraboia de acceso á cuberta, xa que a existente estaba moi deteriorada.
? Limpeza e revisión de todos os sumidoiros.
? Colocación dunha capa de illamento térmico.
? Colocación dunha lámina xeotéxtil ou separadora.
? Colocación dunha lámina multicapa, impermeable, de PVC.
? As chemineas, outros elementos saíntes e os petos e sumidoiros foron recubertos coa mesma lámina, solapada, termosoldada e encolada ao soporte.

?Coa instalación de pranchas de material illante térmico, e o pvc impermeabilizador, o aforro e a mellora do benestar dos usuarios da escola vai ser considerable?, apuntou o alcalde.

Na reunión que mantiveron Lois García Carballido e a concelleira de Servizos Sociais, Isabel Vuelta, coa conselleira de Asuntos Sociais en San Caetano, Fabiola García comprometeuse a financiar as obras compensando ao Concello na achega municipal que temos realizar todos os anos, e que no 2017 acadou os 40.000 euros.

Ademais de pagarlle á Xunta 900 euros por alumno e ano, o Concello está obrigado a costear o mantemento, a limpeza e a enerxía da escola infantil. A Xunta cóbralles mensualmente aos pais e nais e non aporta nada ao Concello. Neste mandato reformamos as aulas e melloramos a calefacción a petición da dirección do centro e liquidamos a débeda que o goberno anterior tiña co consorcio, que ascendía a 40.000 euros.

Concello de Ponteceso