Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Adxudicadas as obras de acondicionamento da praza da Bugalleira á empresa Sotocoresma, con sede no polígono de Tella

O Concello de Ponteceso investirá no proxecto 54.450 euros dos fondos propios procedentes do superávit do ano 2017

A empresa Sotocoresma S.L., con sede no polígono de Tella, executará as obras de acondicionamento da praza da Bugalleira, nas que investiremos 54.450 euros procedentes do superávit do ano 2017.

O obxectivo da actuación, á que corresponde o plano anexo, é a mellora integral dun espazo público emblemático do noso concello para facelo máis accesible, acolledor e utilizable por parte da veciñanza. A empresa adxudicataria comprométese a realizar as obras nun mes a partir da sinatura da acta de replanteo.

A actuación desenvolverase na totalidade da praza, que ten unha superficie de 980 metros cadrados. O pavimento actual será demolido e substituído por tres tipos de pavimento novo: formigón, que ocupará a maior parte da praza; lousas rectangulares de pedra de granito moreno, que se utilizarán nas zonas próximas ás vivendas, e lastro de granito silvestre, reservado para delimitar as distintas zonas de tránsito de vehículos, aparcamento e peonís.

O proxecto inclúe tamén nova iluminación, instalación de estruturas cubrecontedores para a súa ocultación, execución de seis alcorques e colocación de catro bancos de formigón armado con asento e respaldo de táboas de madeira de iroko tratada.

Concello de Ponteceso