Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Xa está en vigor o orzamento máis alto da historia de Ponteceso, que inclúe 1,4 millóns de euros en investimentos

Entra na nova para saber que obras imos acometer este ano

O orzamento do Concello de Ponteceso para este ano xa está en vigor, tras a publicación correspondente no Boletín Oficial da Provincia. O ano 2019 non só disporemos do orzamento máis alto da historia do noso concello, de case 6 millóns de euros, senón de destinaremos a investimentos reais un total de 1.444.949 euros.

Estas son as actuacións que acometeremos con recursos municipais exclusivamente:
? Pavimentación de camino da Bugalleira - Rebordáns e outros: 414.793,40 euros
? Mellora de locais sociais, infraestruturas deportivas, educativas e culturais: 200.000 euros
? Pavimentación de vías de acceso a Pazos (Sergude) e outros: 215.576,75 euros
? Pista de Nemeño a Os Ánxeles e outro: 66.045,43
? Mellora do acceso ao núcleo rural histórico de Balarés: 69.000 euros
? Ampliación e cubrición de parque infantil: 61.395,42 euros

E estes son os investimentos incluídos no Plan Único POS+ da Deputación da Coruña:
? Proxecto de pavimentación de rúas no núcleo de Corme e outros: 151.673,97 euros
? Proxecto de pavimentación de rúas no núcleo de Nemeño e outros: 221.366,10 euros
?
Os detalles de cada un dos proxectos atoparalos de seguido:

PAVIMENTACIÓN CAMIÑO DA BUGALLEIRA A REBORDÁNS E OUTROS. Está previsto adxudicar as obras a vindeira semana.
1. CAMIÑO BUGALLEIRA A REBORDÁNS (TALLO-PAZOS). A actuación abrangue 1.360 metros de lonxitude, nos que se procederá a ensanchar o camiño para acadar os 4 metros. A vía será pavimentada con rego asfáltico, procederase á limpeza de cunetas e instalaranse sinalización e 3 bancos.
2. CAMIÑO REBORDÁNS A TALLO. Aglomerado en quente de 1.100 metros de vía, tamén será ensanchada e pintada. Colocarase sinalización e 3 bancos.
3. CAMIÑO DE RIOTORTO A AMEIXENDA. A pavimentación dos 1.870 metros de camiño realizarase con aglomerado en quente. A obra inclúe tamén pintura, sinalización e dous bancos.
4. CAMIÑO DO LÍMITE CON BUÑO AO DEPÓSITO DE AUGA, EN XORNES. A pista, de 250 metros, será ensanchada e mellorada cunha capa de zahorra.
5. CAMIÑO DE FROXÁN DE XORNES AO DEPÓSITOS DE AUGA. A actuación será semellante á anterior en dous treitos de 1.100 m e 800 m de lonxitude e 4 metros de ancho.
6. PAVIMENTACIÓN NÚCLEO DE FIGUEIROA. Aglomerado de seis treitos e colocación de dous bancos.
7. ACCESO EN FIGUEIROA. Aglomerado da vía, cunha lonxitude de 110 metros e 5 de ancho.
8. CAMIÑO EN CASTRO. Aglomerado de tres tramos do camiño, limpeza de cunetas, pintura e sinalización, coma no resto dos casos. Tamén se colocará un banco.
9. CAMIÑO BALARÉS-ALDEA DE CORME POLA COSTA. Acondicionamento con zahorra da vía, que ten unha lonxitude de 2.850 m. e 5 m. de ancho. Instalaranse ademais catro bancos.

MELLORA DE LOCAIS SOCIAIS, INFRAESTRUCTURAS DEPORTIVAS, EDUCATIVAS, CULTURAIS.
Vanse investir 200.000 euros na mellora de todas as escolas unitarias, colexios de primaria, centros culturais, centros sociais das parroquias, instalacións deportivas e museo de Corme.

PAVIMENTACIÓN VIAIS DE ACCESO A SERGUDE E OUTROS.
1. PAVIMENTACIÓN VÍAS DE ACCESO A SERGUDE (XORNES). Aglomerado de dous treitos de 295 m e 260 m con anchos variables entre 3,0 e 4,0 m.
2. PAVIMENTACIÓN VÍAS EN LANGUEIRÓN.- Aglomerado de tres treitos de 225 m x 5,5 m, de 170 m x 4,0 m e 305 m x 5,0 m.
3. PAVIMENTACIÓN VÍA EN BARDAIO.- Cunha lonxitude de 320 m e 3,0 m de ancho, preténdese a mellora da capa de rodaxe con aglomerado en quente.
4. PAVIMENTACIÓN DA VÍA DE BARDAIO A RIOTORTO.- Cunha lonxitude de 985 m e 4,5 m de ancho, tamén se pavimentará con aglomerado.
5. PAVIMENTACIÓN VÍA EN OS MELCOS (LANGUEIRÓN). Aglomerado nunha vía de 605 m de lonxitude e 4 de ancho.
PISTA DE NEMEÑO AOS ÁNXELES E OUTRA
Pista de Nemeño aos Ánxeles e pista de Rieiro ao Cemiterio novo de Tallo. Coma as anteriores, o proxecto inclúe aglomerado en quente, pintado, limpeza de gabias e sinalización.

MELLORA DO ACCESO AO NÚCLEO RURAL HISTÓRICO DE BALARÉS
A estrada presenta actualmente un estado defectuoso e evidencia a necesidade de mantemento urxente. A superficie de rodaxe, presenta algunhas partes con descontinuidades ou fochancas que supoñen un inconveniente para o paso dos vehículos e a súa seguridade. Ademais as cunetas atópanse cheas de vexetación, con terra, ramas e pequenas pedras. Por outra banda, á propia vía (de titularidade municipal) de acceso ao núcleo accédese a través da estrada provincial CP-6803. A intersección entre ambas as vías é bastante estreita, ademais de producirse en ángulo, e polo que, en xeral, presenta pouca visibilidade e pouca seguridade para vehículos
e peóns.
Preténdese ampliar o ámbito da intersección entre ambas as vías, e modificar lixeiramente o trazado do tramo máis inmediato da vía local, para mellorar en gran medida a visibilidade no cruzamento. Ademais proponse a limpeza da maleza e das árbores que se atopen nas inmediacións do cruzamento que forman ambas as vías.
Preténdese tamén dotar á estrada dunha senda peonil, que discorrerá polo seu lateral norte, desde a intersección coa estrada provincial CP-6803, até a chaira ou zona máis baixa, moi concorrida nalgunhas épocas do ano pola celebración de festivais e festas tradicionais. A senda peonil mellorará en gran medida a seguridade e condicións de uso da vía para os peóns, que son bastante numerosos en época estival, debido tamén, en parte, á proximidade da praia de Balarés.
Tendo en conta que estamos a actuar nunha contorna de alto valor paisaxístico, a senda proponse en jabre-cemento, confinada entre bordos de pedra natural granítica, de forma que os seus materiais integraranse perfectamente na contorna rural e natural que é obxecto de mellora no presente proxecto.
A estrada de acceso ao núcleo contaría, no primeiro tramo, con dous carrís, con tres metros de ancho cada un, por tratarse da zona máis usada polos veciños e os turistas ou visitantes.
Un pouco máis adiante, xa nas inmediacións das casas que compoñen o núcleo tradicional de Balarés, a estrada contaría igualmente con dous carrís, pero de dous metros e medio de ancho.
En resumo, a intervención proposta, ademais de respectar e pór en valor a paisaxe natural existente na zona, pretende mellorar as condicións de acceso ao núcleo rural de Balarés, e da seguridade viaria para peóns e para vehículos en xeral.

AMPLIACIÓN E CUBRICIÓN PARQUE INFANTIL DE PONTECESO
Trátase de duplicar a superficie do parque infantil do paseo fluvial de Ponteceso e de dotar a metade do mesmo dunha cuberta que posibilite o seu uso durante máis tempo ao longo do ano.

PROXECTO DE PAVIMENTACIÓN DE RÚAS NO NÚCLEO DE CORME E OUTROS
1. ZONA SUR DE RÚA SOL E ADXACENTES (CORME PORTO): Preténdese a continuación da pavimentación existente nas rúas xa reformadas na zona. Para elo proponse a execución dun pavimento de formigón desactivado combinado con adoquín. Tamén se contempla a execución dunha rede de pluviais para separar estas augas das residuais e optimizar así o funcionamento da EDAR.
2. RÚA ACCESO A VIVENDAS ELEVADAS EN LUGAR ?A COSTA? (CORME ALDEA): Aglomerado en quente dun treito de 231 metros de lonxitude e 3,35 de ancho medio. Rede de pluviais, mellora de acceso a parcelas e pintado de marcas viarias.

PROXECTO DE PAVIMENTACIÓN DE RÚAS. NÚCLEO DE NEMEÑO E OUTROS.
1. RÚA ZONA ?O XARDIN? (PAZOS): Aglomerado en quente da rúa, cunha lonxitude de 517 m e un ancho medio actual de 3,00 m, ampliándoa ata os limites catastrais. Canalización de pluviais e residuais e pintado.
2. RÚA ACCESO A CEMITERIO (NEMEÑO): Cunha lonxitude de 3.30 m e un ancho
medio de 3.50 m, pretendese a mellora da capa de rodaxe da vía con dous tipos de
acabado: pavimento de formigón desactivado combinado con adoquín na zona de
vivendas e aglomerado en quente no resto. Tamén se contempla a mellora da rede de pluviais na zona do lavadoiro e o pintado de marcas viarias.
3. RÚA ACCESO A PARROQUIA SAN ADRIÁN (CORME ALDEA): Aglomerado en quente ao longo de 297 metros e mellora da rede de pluviais.
4. RÚA DA PRAZA DA RIBEIRA A AVENIDA MARIÑA (CORME PORTO): Preténdese a
continuación da pavimentación existente nas rúas xa reformadas na zona. Para elo
proponse a execución dun pavimento de formigón desactivado combinado con
adoquín. Tamén se contempla o cambio das tubaxes da rede de abastecemento
(fibrocemento a polietileno), a execución dunha rede de pluviais que permita separar
estas da rede de fecais e a adaptación das arquetas e pozos das redes existentes.


Descargas asociadas


Concello de Ponteceso