Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Recollidos 2.830 litros de aceite de cociña na primeira campaña porta a porta que se leva a cabo no noso concello

As persoas que queiran sumarse a esta experiencia piloto ou aclarar algunha dúbida sobre o servizo, que é gratuíto, poden chamar ao teléfono 639920936

Esta semana rematou a primeira campaña de recollida de aceite de cociña porta a porta e os resultados demostran, unha vez máis, o compromiso da veciñanza do noso concello coa separación dos residuos que xeramos nos nosos fogares para que poidan recibir o tratamento máis axeitado. O persoal da empresa Collecting Oil, que se encarga do servizo sen custe algún para os cidadáns, recolleron un total de 2.830 litros de aceite.

En todo o concello están distribuídas 2.007 botellas especiais para o almacenamento do aceite nas casas. Os recipientes teñen 10 litros de capacidade e na tapa levan un adhesivo no que se indica a data na que pasará a recollerse. Ese día non é preciso estar na casa. Abonda con deixar a botella na porta, e o persoal da empresa encargarase de retirala e substituíla por outra para iniciar de novo o proceso.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Pose Verdes, expresou a súa satisfacción pola boa acollida do servizo e animou aos veciños e veciñas que aínda non se sumaron a facelo. Para elo unicamente hai que chamar ao número de teléfono 639920936, onde se concertará día para a visita inicial do persoal de Collecting Oil. Dende a empresa, así mesmo, manifestaron o seu agradecemento pola boa acollida e a colaboración que están a recibir por parte da cidadanía.

Concello de Ponteceso