Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Museo de Corme acollerá a partir do mércores 13 un taller de memoria promovido pola Concellería de Servizos Sociais e impartido por Afaber

O prazo de inscrición estará aberto os días 7, 8 e 11 de febreiro na Casa do Concello e na Oficina Municipal de Corme

Coa intención de ampliar a actual oferta formativa para o tempo de ocio e lecer dos nosos maiores, a Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Isabel Vuelta González, porá en marcha un taller de memoria en Corme-Porto, que virá a sumarse ao que xa se está a desenvolver no Edificio das Escolas de Ponteceso desde o pasado día 5. O curso, que dará comezo o próximo mércores 13, desenvolverase no edificio do Museo de Corme e será impartido pola Asociación Alzheimer Bergantiños (Afaber).

As clases, que se levarán a cabo todos os mércores de 16:00 a 17:30 horas, consistirán na realización de exercicios que fomenten a atención, a concentración e a estimulación mediante unha metodoloxía dinámica e participativa. As sesións prolongaranse ata o vindeiro 15 de xuño.

As persoas interesadas en participar nesta nova acción poderán inscribirse no departamento de Servizos Sociais do Concello (881 983 797 ? 881 983 045) os días 7, 8 e 11 deste mes, en horario de 9 a 2 da tarde, ou ben na Oficina de Corme (981 738 425).

Concello de Ponteceso