Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso dota aos membros do GES do mellor equipamento para traballar en condicións adversas

Cada bombeiro levará máis de 1.000 euros en equipamento e material tralo investimento de máis de 15.000 euros que vimos de realizar

O Concello de Ponteceso vén de subscribir dous contratos para a adquisición de material de seguridade e protección do GES, segundo a proposta presentada polo propio Grupo de Emerxencias Supramunicipal.

Cada profesional do GES estará dotado para actuar ante unha emerxencia con equipamento individual para condicións adversas que supera os 1.000 euros por bombeiro. O Concello de Ponteceso recorreu a dúas empresas de Pontevedra empresas especializadas no equipamento de bombeiros e forzas de seguridade. Só no anorak, cubrepantalón e buzo forestal investimos 850 euros por bombeiro, á parte do resto do material.

12 UNIDADES DE ROUPA PARA CONDICIÓNS ADVERSAS COMPOSTOS DE ANORAK E CUBREPANTALÓNS DE PROTECCIÓN DE TEMPESTADES, E BUZO FORESTAL POR 10.220 EUROS

O contrato máis caro, de 10.220 euros, e sempre a proposta do GES de Ponteceso, consiste en 12 unidades de tres elementos: anorak e cubrepantalón de tempestades, e buzo forestal de rescate.

Dentro do contrato de 5.752 euros vanse subministrar 12 bolsas de bombeiro para o transporte de equipos de protección persoal (PPE) e outras pertenzas persoais do bombeiro fabricadas con materiais de alta resistencia que garanten a súa durabilidade en condicións extremas.
Tamén se van subministrar 26 camisetas e 13 sudadeiras de bombeiro nacional, 13 chaquetas técnicas cun deseño práctico para acceder aos 4 petos; 13 pantalóns ignífugos e antiestáticos de bombeiro, con protección antiestática e contra o arco eléctrico; 5 cintos e 5 pares de zapatos que estaban pendentes de adquirir, 3 verdugos ignífugos, 13 bolsas de PVC e 13 pares de luvas anticortes, todo elo acorde ás normativas europeas que garanten a máxima calidade e protección.

Concello de Ponteceso