Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Ponteceso despide a Rosalía cunha mesa redonda protagonizada polos escritores Miguel Losada, Pepa Nieto e Villo Argumanez

O último acto do programa ?Ponteceso con Rosalía?, promovido polo Servizo de Normalización Lingüística, terá lugar o sábado 23 a partir das 18:00 horas na Biblioteca Municipal

Tras un mes de intensa actividade cultural e musical, enmarcada no ciclo Ponteceso con Rosalía, para conmemorar o 182º aniversario do nacemento da escritora do Rexurdimento, o Concello de Ponteceso porá o punto e final á programación cunha mesa redonda que se celebrará o sábado 23 na Biblioteca Municipal e que terá como protagonistas a tres destacados autores que nos achegarán á poesía máis intimista da padronesa baixo o título ?Rosalía, de corazón?. O acto, que dará comezo ás 18:00 horas, será de balde e estará aberto á participación de toda a cidadanía.

Como non podía ser doutro xeito, o Servizo de Normalización Lingüística que dirixe Carlos Penedo Casmartiño reunirá a tres das voces máis reputadas do noso país para darnos a coñecer a figura e a obra da escritora máis ilustre das Letras Galegas.

O escritor vigués Miguel Losada, sucesor de Celso Emilio Ferreiro ao fronte da cátedra de Estudos Galegos do Ateneo de Madrid, será un dos convidados á cita que tampouco perderá Pepa Nieto, coordinadora desde hai vinte anos do faladoiro ?Arco Poético? e ex-presidenta da Asociación de Mulleres Galegas no Exterior ?Rosalía de Castro?. A súa obra, na que se inclúen títulos como ?Vencida por setembro?, ?A man do Anxo? ou ?Falo da insistencia dos ollos?, está publicada e traducida en parte a idiomas como o árabe, o ruso, o inglés e, por suposto, o galego.

O terceiro protagonista da xornada será o poeta Villo Argumánez, xa coñecido polo público pontecesán, especialmente entre a mocidade, que recentemente visitou o IES Eduardo Pondal para participar nun encontro de escritores que tivo moi boa acollida entre o alumnado. Namorado da poesía dende neno, comezou a publicar con tan só 17 anos en fanzines e revistas culturais. No ano 1984 publicou o seu primeiro poemario ?Binomio?, ao que seguirían outros como ?Poemas inacabados?, ?Amalgama? e ?Arritmia?. Os seus poemas falan de amor, dor, tempo e morte, e de todo o que lle afecta ao ser humano, con un verso logrado que sabe conquistar e xogar coas palabras. Goza dunha capacidade prodixiosa e humorística para falar de literatura, natureza, neurociencia ou da propia vida grazas ao poder devastador da palabra. Todo un privilexio que non debes perder para despedir a Rosalía en Ponteceso.

Concello de Ponteceso