Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Asinados os contratos correspondentes a dous proxectos de obras viarias en varias parroquias por máis de medio millón de euros

Os proxectos, que serán executados pola empresa Construcciones López Cao, inclúen pavimentacións con aglomerado, formigón, asfalto ou zahorra segundo o tipo e o uso das vías

O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, asinou hoxe os contratos correspondentes a dous proxectos de obras viarias en distintas parroquias do noso concello. As actuacións, que serán executadas pola empresa Construcciones López Cao, supoñen un investimento de máis de medio millón de euros.

Por unha banda executarase o denominado Proxecto do camiño da Bugalleira a Rebordáns e outros, ao que destinamos 290.763 euros. As actuacións concretas son as seguintes:

1. CAMIÑO BUGALLEIRA - REBORDÁNS (TALLO-PAZOS). A actuación abrangue 1.360 metros de lonxitude, nos que se procederá a ensanchar o camiño para acadar os 4 metros. A vía será pavimentada con rego asfáltico, procederase á limpeza de cunetas e instalaranse sinalización e 3 bancos.
2. CAMIÑO REBORDÁNS - TALLO. Aglomerado en quente de 1.100 metros de vía, tamén será ensanchada e pintada. Colocarase sinalización e 3 bancos.
3. CAMIÑO RIOTORTO - AMEIXENDA. A pavimentación dos 1.870 metros de camiño realizarase con aglomerado en quente. A obra inclúe tamén pintura, sinalización e dous bancos.
4. CAMIÑO DO LÍMITE CON BUÑO AO DEPÓSITO DE AUGA, EN XORNES. A pista, de 250 metros, será ensanchada e mellorada cunha capa de zahorra.
5. CAMIÑO DE FROXÁN DE XORNES AO DEPÓSITOS DE AUGA. A actuación será semellante á anterior en dous treitos de 1.100 m e 800 m de lonxitude e 4 metros de ancho.
6. PAVIMENTACIÓN NÚCLEO DE FIGUEIROA. Aglomerado de seis treitos e colocación de dous bancos.
7. ACCESO EN FIGUEIROA. Aglomerado da vía, cunha lonxitude de 110 metros e 5 de ancho.
8. CAMIÑO EN CASTRO. Aglomerado de tres tramos do camiño, limpeza de cunetas, pintura e sinalización, coma no resto dos casos. Tamén se colocará un banco.
9. CAMIÑO BALARÉS-ALDEA DE CORME POLA COSTA. Acondicionamento con zahorra da vía, que ten unha lonxitude de 2.850 m. e 5 m. de ancho. Instalaranse ademais catro bancos.

En todos os casos, ademais dos traballos de pavimentación, acometeranse os de limpeza de gabias, instalación de canalizacións para as augas pluviais, acondicionamento dos accesos ás fincas e sinalización viaria.

O segundo proxecto, denominado Pavimentación de vías en Niñóns e outros, ten un orzamento de 213.625,50 euros, e inclúe as seguintes obras:

1. PAVIMENTACIÓN EN NIÑÓNS. A actuación consistirá na pavimentación con formigón de dous treitos de 95 e 55 metros.
2. PAVIMENTACIÓN EN GUXÍN. Neste caso acondicionarase con aglomerado en quente unha pista de 240 metros de lonxitude e 3 de ancho.
3. PAVIMENTACIÓN EN ANLLÓNS GRANDE. Tamén se realizará con aglomerado e ao longo de 825 metros de vía.
4. PAVIMENTACIÓN EN ANLLÓNS DE ARRIBA. Aglomerado de dous tramos de 110 e 225 metros.
5. PAVIMENTACIÓN DE CARBALLIDO Á AC424. A obra consiste no asfaltado de toda a vía, que ten unha lonxitude de 2.200 metros.
6. PISTA DAS BARDAIAS A TELLA. Nesta vía actuarase en catro treitos de 400, 540, 70 e 30 metros, neste caso con asfalto.

Coma no proxecto anterior, tamén se inclúen a limpeza de gabias e a colocación de canalizacións para as augas pluviais.

Concello de Ponteceso