Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Ministro de Fomento respalda a estratexia do Concello para lograr a implantación dunha gran empresa en Ponteceso

O alcalde, Lois García Carballido, reuniuse hoxe con José Luis Ábalos, tras o acordo alcanzado coa SEPES para ampliar o polígono de Tella en 210.000 metros cadrados

O ministro de Fomento, José Luis Ábalos, respalda a estratexia do Concello de Ponteceso para lograr a implantación dunha gran empresa no noso municipio.

Reunidos hoxe luns, o ministro e o alcalde, Lois García Carballido, estiveron de acordo en que "ter unha gran parcela de solo industrial dispoñible a prezo reducido nun polígono xa en funcionamento e con todos os servizos é a mellor estratexia para conseguir esa gran empresa", tal como comentou o rexedor.

Tras o acordo alcanzado coa SEPES para a urbanización de 210.000 metros cadrados de solo industrial en Tella, Ponteceso vai dispoñer en menos de catro anos de grandes parcelas para atraer a empresas de tamaño medio e grande que se sirvan do rico contorno produtivo das empresas da zona.

O acordo de colaboración entre o Concello de Ponteceso e a SEPES establece un investimento de 5.200.000 euros ata o ano 2022 para a execución dunha nova fase do parque empresarial.

Concello de Ponteceso