En Limiñoa están a punto de rematar as obras de saneamento e abastecemento, previas á pavimentación das vías do núcleo
O plan de aglomerados impulsado pola Concellería de Infraestruturas, que dirixe José Manuel Pose Verdes, avanza polas distintas parroquias. Coa chegada do bo tempo agardamos comezar en breve o pintado e a sinalización das pistas que xa están rematadas:
? Pavimentación da vía do Quente ao límite con Coristanco
? Mellora da rúa da zona escolar de Ponteceso
? Pavimentación da pista da Rocha de Nemeño ao Castro da Campara
? Pavimentación de rúas no núcleo da Campara
? Pavimentación de vía en Pazos de Abaixo
? Pista dende Bugalleira a Rebordáns polas Salgueiras
? Pista da praza da Bugalleira a Langueirón
? Pista de Ameixenda a Riotorto
? Pavimentación de rúas no núcleo de Figueiroa
? Pistas en Anllóns e A Garga
En breve comezarán tamén os traballos de pavimentación no núcleo de Limiñoa, onde están a piques de rematar as obras de saneamento e abastecemento de auga.
Nova adxudicaciónO Concello de Ponteceso vén de adxudicar a Construcciones López Cao unha nova obra de aglomerados en Tella, Cospindo, Brantuas, Niñóns, Tallo, Nemeño e Xornes por un importe de 117.491 euros. A actuación está cofinanciada pola Deputación da Coruña, que achega o 66% do orzamento, e o Concello de Ponteceso, que pon o 44% restante.
O principal investimento realizarase en Brantuas e Niñóns, onde se vai aglomerar dende a Igrexa de Brantuas á estrada provincial, e tamén o ramal que que pasa pola escola unitaria. En Niñóns repararase a pista que atravesa o núcleo e vai cara a praia. En Tella vaise aglomerar dende o Campo da Feira á Gándara. En Tallo hai unha importante mellora dende a marquesiña da parada do transporte escolar ata Casas Novas por Pardiñas. En Nemeño executarse a pista que vai ao Rueiro dende a estrada provincial, e en Xornes, unha perpendicular á estrada autonómica.
A obra inclúe tamén a extensión do saneamento ás casas situadas entre o cuartel da Garda Civil e o cruce que vai á Cedeira, no Couto.